Xosé Amancio Liñares presenta a súa obra sobre a Unión Barcalesa da Habana

O ensaio foi editado por ‘tresCtres Editores’ dentro da Colección Nós Outros. O Val de Barcala foi un viveiro migratorio. A Unión Barcalesa da Habana representa a máis forte e senlleira entidade cultural-educativa dos emigrantes desta comarca galega no século XX. Creóuse na capital cubana en novembro de 1907, polo que chegou a ser centenaria en 2007. No acto interviñeron dous profesionais especializados no tema da emigración e con raíces familiares na Baña: Carlos Sixirei Paredes, subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas da Xunta de Galicia; e Carolina García Borrazás, membro do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.