Xornada sobre a igualdade de xénero en España e Uruguai no Centro Galego de Montevideo

No encontro participaron a deputada andaluza Maribel Montaño; a ministra de Saúde uruguaia, María Julia Muñoz; e o ministro do Tribunal de Apelacións de Familia, Ricardo Pérez Manríquez, moderando o presidente da Fundación en Uruguai, Walter García. Montaño explicou os avances acadados co goberno de Zapatero tanto a nivel público como privado, e afirmou que estas leis permiten dar aos homes a garantía de que en España polo menos o 40% dos postos teranos asegurados, en referencia á repartición de cargos nas listas electorais.