Unha delegación ferrolá encabezada polo Real Coro ‘Toxos e Froles’ visita aos emigrantes na Habana

Na delegación, encabezada polo vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, non faltaron o presidente e o director do Coro, Pedro Emilio Sanz e Manuel Amorós, respectivamente. A delegación visitou a Necrópole ‘Cristóbal Colón’, onde despositou unha ofrenda floral na tumba de Xosé Fontenla Leal. ‘Toxos e Froles’ ofreceu tamén un Concerto de Nadal na Igrexa do Santo Ánxel Custodio xunto ao Coro ‘Exaudi’. Ao acto asistiu o cardeal Jaime Ortega.