A Consellería dispón para isto dun 14,33% máis de orzamentos ca este ano e un 44% máis ca en 2005.
A partida para atraer retornados e inmigrantes enmárcase na aposta por “favorecer” a incorporación de man de obra a eidos deficitarios, coma a hostelería e a construción. En 2006 un total de 17.601 extranxeiros foron contratados na Comunidade galega, segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).