Touriño viaxará a Cuba para conmemorar o centenario do Himno Galego e a México para profundar relacións

Touriño estará na capital cubana o 7 de decembro, centenario da colocación da primeira pedra do Pazo do Centro Galego, hoxe Teatro Nacional de Cuba. A viaxe terá un carácter fundamentalmente cultural. Á ampla delegación que acompañará ao presidente uníronse os voceiros parlamentarios do PSdeG e do BNG, Ismael Rego e Carlos Aymerich, respectivamente, e máis o deputado do PPdeG Miguel Santalices. Logo de Cuba, Touriño desprazarase a México, onde manterá unha xuntanza co presidente do país, Felipe Calderón. O presidente galego incluiu México na súa axenda polos intereses empresariais e pola presenza da emigración galega.