Touriño inaugurará a finais de ano a nova delegación da Xunta en Montevideo

Fernández Mato anunciou tamén que esta viaxe ao Río da Prata ten por obxectivo preparar a próxima visita do presidente Touriño a Bos Aires para celebrar o Día das Letras Galegas. Así mesmo, informou de que se realizará proximamente un foro xuvenil en Arxentina e outro en Francia, onde concorrerán os descendentes. O presidente da Unión de Sociedades Galegas do Uruguai, Luis Cerviño, manifestou a satisfacción da súa organización por estes anuncios.