O xefe do Executivo fixo esta afirmación durante unha cea-coloquio con máis de dous centos de empresarios portugueses e galegos fincados no país veciño, acto que formou parte da súa visita institucional a Lisboa, onde se entrevistou co primeiro ministro, José Sócrates.
O presidente respondía así á pregunta dun dos participantes na cea sobre por que Galicia non conta cunha representación institucional estable en Lisboa, cando Galicia xa dispón de oficinas en Montevideo, Bos Aires e Bruxelas.