Touriño afirmou perante máis de 1.500 persoas que o himno é “o emblema de toda a galeguidade e da Galicia universal”. O presidente salientou a importancia da emigración na identidade galega. Touriño estivo acompañado polo vicepresidente do Consello de Estado de Cuba, Carlos Lage; o vicepresidente do Consello de Ministros, José Ramón Fernández; o embaixador de España, Carlos Alonso; e a presidenta do Parlamento galego, Dolores Villarino, entre outros. O novidoso da actividade foi a celebración simultánea do acto na Habana, Bos Aires, Montevideo, Salvador de Baía, Barcelona e máis Galicia. O presidente foi agasallado cun facsímile da primeira partitura do himno.