Touriño expresou a súa gratitude ao país azteca por ter acollido os galegos en tempos difíciles e aos propios emigrantes por ter contribuído ao desenvolvemento de Galicia. O presidente salientou o acordo acadado co xefe de Goberno do Distrito Federal de México, Marcelo Ebrard, para remataren os traballos de elaboración do acordo marco de cooperación entre ambos os dous territorios, que permitirá dar un novo pulo á colaboración en materia económica e cultural e na sociedade do coñecemento e I+D+i. No acto participaron o embaixador de España, Carmelo Angulo; o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez; e o presidente do Centro Galego de México, Luis Piñeiro.