Touriño anima os empresarios galegos en Rio de Janeiro a colaboraren máis cos residentes en Galicia

Así o salientou o máximo mandatario galego durante un xantar que na súa honra ofreceulle a Asociación de Empresarios Españois en Rio de Janeiro, a maioría dos cales son de orixe galega. Un acto no que, ademais, o vereador da Cámara de Río de Janeiro, Charbel Zaib, fíxolle entrega ao presidente da medalla de Pedro Hernesto, a máxima distinción da Cámara Municipal da cidade.