Ademais, xustificou que nalgúns casos a persoa contratada realiza o seu labor nun lugar distinto ao da empresa que a contrata. Con todo, tamén sinalou que se abriu un procedemento informativo respecto diso. Pola súa banda, o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luís Méndez Romeu, asegurou na inauguración das II Xornadas Xurídicas do Concello de Sarria que “non existe absolutamente nada que tapar ou agochar” no caso da suposta axente electoral e que o Goberno galego ten “o máximo interese” en ofrecer todos os datos necesarios para aclarar o asunto.