Residentes do Hospital do Centro Galego de Bos Aires realizarán prácticas en hospitais galegos

Este mes de rotación nos hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) supón un chanzo máis no fortalecemento do devandito Hospital como centro docente para profesionais posgraduados de Arxentina, actividade principiada o ano pasado. A consideración de centro universitario era un dos obxectivos do Plan Estratéxico elaborado pola Fundación Galicia-Saúde que preside a conselleira de Sanidade, María José Rubio, para consolidar económica, técnica e cientificamente o centro hospitalario. Non só á cidadanía galega senón tamén as doutras comunidades autónomas residentes en Arxentina beneficiaranse dos coñecementos que estes profesionais adquirirán e poderán pór en práctica en institucións sanitarias do seu país.