Rajoy asegura en Bos Aires e Montevideo que mellorará as pensións e a asistencia sanitaria dos emigrantes

Durante a súa visita a Arxentina, Rajoy, que estivo acompañado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, entre outros, entrevistóuse coa presidenta da República, Cristina Fernández, e co xefe de Goberno da Cidade de Bos Aires, Mauricio Macri, que o apoiou durante o mitin. O presidente do PP explicou tamén o seu programa electoral nun acto perante 1.500 persoas celebrado no Polideportivo do Centro Galego de Montevideo ao que asistiron os principais dirixentes do Partido Nacional agás o ex presidente Luis Alberto Lacalle, de xira polo interior do país. Rajoy visitou ademáis o Fogar Español da capital uruguaia.