Rafael Louzán acusa o PSOE de se esquecer da súa intención de promover o voto en urna

“É algo necesario e que se ten que producir dunha vez, pero semella que unha vez máis o PSOE se esqueceu de que quería tamén ese compromiso. O Partido Socialista leva enleando moito tempo con esta circunstancia. Segundo como lle vaia, vai propondo unha cousa ou a contraria, pero ao final nunca concreta nada”, afirmou Louzán a ‘Latinoamérica Exterior’. Sobre a proposta do BNG de limitar o voto da emigración nas eleccións municipais e autonómicas, o presidente do PP de Pontevedra dixo que “é o xeito do Bloque de entender a política: que aquelo que non sexa acadábel para eles, o mellor é que desapareza”, en alusión tamén ás Deputacións Provinciais.