Segundo os cálculos de Quintana, “hai tempo, capacidade política e ámbito regulamentario” para poder facer esta modificación. Pola súa banda, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmou que foi el quen liderou o impulso da devandita reforma, pero non chegou a reclamar que fose efectiva nos próximos comicios autonómicos. “Agardamos que o poidan facer canto antes”, apuntou, pero recordou a necesidade de respectar os tempos e os procedementos de tramitación.