Nunha entrevista concedida á Cadea SER e recollida por varios medios, Quintana cualificou de “auténtico escándalo” o escrutinio do voto emigrante nas pasadas eleccións xerais, en referencia á aparición de papeletas correspondentes a cidadáns xa falecidos. Ademais, criticou que o voto procedente da emigración termine sempre “favorecendo o partido do Goberno”, en relación ao envorco electoral e á vitoria do PSOE entre a comunidade de galegos que residen no exterior. “A xente non cambia de opinión tan fácilmente”, subliñou.