Publicada a lista de admitidos na escolma de persoal da Delegación da Xunta en Bos Aires

As listas pódense consultar no taboeiro de anuncios da Delegación da Xunta ou na web www.galiciaaberta.com. Preto de 300 aspirantes presentaron a súa solicitude. As persoas que superan esta fase da convocatoria terán que someterse ao resto de probas estipuladas. Estímase que o novo persoal poda estar contratado a principios de marzo.