PSOE e PP converten as rúas de Bos Aires en campo de batalla electoral

O PSdeG-PSOE celebrou o acto de presentación da precampaña electoral o pasado 19 de xaneiro na céntrica esquina de Avenida de Maio e Bernardo de Irigoyen. Alí despregouse na fachada dun edificio dous gigantografías, rodeadas polas bandeiras de Galicia, España e Arxentina, coa faciana de Emilio Pérez Touriño e a inscrición «O Presidente de Galicia non mundo». Polo lado do PP, xa se poden observar as facianas de Núñez Feijóo e Manuel Fraga en máis de 10 liñas de microbuses que circulan pola Capital Federal e o Gran Bos Aires, aos que se suman promotoras que entregarán volantes, adhesivos, chaveiros e camisetas baixo consígna 'Chegou ou momento'.