Así se reflicte no ditame da Comisión de investigación do pagamento de viaxes a unha suposta axente electoral do PSOE, ao que os socios da Xunta déronlle luz verde neste foro parlamentario e que suscitou un cruzamento de acusacións entre populares e nacionalistas ao redor da limpeza do voto dos galegos residentes no exterior. A posibilidade de garantir que os emigrantes voten en urna tamén enfrontou a populares e nacionalistas posto que o PSOE se mantívo practicamente á marxe deste debate. Logo de que os tres grupos recoñecesen que a proposición de lei aprobada no Parlamento neste sentido non se aprobará no Congreso antes das autonómicas de 2009, o voceiro do BNG reclamou ao PP que presente unha iniciativa na Cámara Baixa, como xa fixo a formación frontista, para propiciar o debate e axilizar o proceso.