PSdeG e BNG rexeitan ampliar aos emigrantes o complemento de 200 euros para as pensións mínimas

Os grupos que sustentan ao Executivo galego consideraron esta proposta como oportunista ao coincidir co principio da viaxe do candidato do PPdeG á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a Arxentina e Uruguai. Castelao Bragaña dixo que se algo quedou claro na Cámara é que os galegos “non son iguais” en dereitos, pois coas pensións faise unha distinción entre os de Galicia e os que residen no estranxeiro.