Propoñen a Cidade da Cultura de Santiago como centro neurálxico do patrimonio da emigración

No tocante á participación política dos galegos residentes no exterior, os membros da Comisión decidiron adherirse á proposición de lei orgánica de modificación da Loreg para posibilitar a homoxeneización do procedemento de voto das persoas residentes no exterior co resto de cidadáns, que foi acordada polos tres partidos políticos con representación na Cámara galega e que aínda está pendente da súa aprobación definitiva para a súa posterior remisión ao Congreso dos Deputados.