Presentan na Habana un libro sobre a Sociedade Ferrol e a súa Comarca

O libro, que recolle a primeira parte da historia da Sociedade ata o ano 1962, está realizado cunha bela factura e contén fotografías e documentos de alto valor histórico e sentimental. Na presentación, o editor Olegario Sotelo Branco rendeu unha homenaxe á emigración galega e en especial á procedente de Ferrol, así como á figura de Xosé Fontenla Leal, “a alma máis galega de Cuba”.