O acto foi aberto polo presidente da Federación, Francisco Lores. O historiador Hernán Díaz referiuse ao arduo traballo de investigación desenvolvido polos autores, quen consultaron arquivos da Federación, que conta con máis de 200 fichas de arxentinos que viaxaron a España ao comezo da contenda para incorporárense ás Brigadas Internacionais, constituídas por brigadistas dos cinco continentes.