Por outra banda, Porteiro, recibiu o pasado 23 de abril a José Ballesteros, membro da Asociación Galega de Editores (AGE) e director da editorial Kalandraka, quen lle traslado a vontade da industria galega do libro de comercializar os seus produtos na Arxentina. Ballesteros informoulle a Porteiro que a AGE constituíu unha comisión orientada ao comercio exterior para abrir novas vías de participación e inserción do sector do libro galego fóra de Galicia.