Pérez Lema preside en Bos Aires os actos de repatriación dos restos de Suárez Picallo

Segundo explicou Pérez Lema ao concluír unha visita á sede da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, a Vicepresidencia do Goberno galego accedeu inmediatamente a cumprir o pedido que a familia de Suárez Picallo trasladoulle ao alcalde de Sada de recuperaren as súas cinzas con ocasión do 44 aniversario do seu pasamento para respectaren unha das súas derradeiras vontades: que os seus restos mortais descansasen definitivamente no cemiterio municipal de Fiunchedo.