Trátase do pontevedrés Raimundo Reinoso, de 57 anos, que foi capturado o 26 de febreiro cando se dirixía ao seu taller mecánico nunha urbanización ao leste de Caracas. Os familiares do empresario non formalizaron a denuncia ata o 3 de marzo seguindo as instrucións dos secuestradores, que lles ameazaron con matalo en caso de pór o caso en coñecemento das autoridades. Reinoso padece do corazón e cando o secuestraron só pasaran 15 días desde que se sometese a unha operación cirúrxica de próstata. Durante todo este mes de cativerio e de investigacións policiais, os axentes acadaron a captura dun dos implicados no secuestro durante un rexistro efectuado nun domicilio.