Seoane declarou que o desafío real é que toda a colectividade pertenza á Obra Social, para o que van enviar 20.000 cartas a pensionistas non contributivos e socios do Centro Galego e levarase a termo unha gran campaña de publicidade. Perante a Comisión compareceu tamén o xerente do Hospital do Centro Galego de Bos Aires, Carlos Díaz, quen aclarou que, dentro do plano estratéxico de Ospaña, un elemento fundamental é “preservar a marca Centro Galego de Bos Aires”.