Así o avanzaron os representantes das tres formacións políticas, Carlos Aymerich (BNG), José Manuel Castelao Bragaña (PPdeG) e Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG), que compareceron nunha rolda de prensa conxunta tras a reunión do relatorio para a reforma do voto emigrante creado no Parlamento autonómico que se celebrou o 16 de abril. Aymerich afirmou que a proposta de reforma da LOREG presentada polo PPdeG non inclúe todos os puntos que se deben debater pero “é un punto de partida para comezarmos a falar”. A proposta do PPdeG responsabiliza os consulados de toda a organización da votación en urna no exterior e establece que realizarase unha revisión semestral do Censo de Cidadáns Españois no Exterior (CCEE), antigo CERA.