Esta entidade celebrou en Vigo e A Coruña unhas xornadas técnicas sobre oportunidades de investimento nese país caribeño. O presidente da asociación, o galego Víctor Moro, recoñeceu que os cambios políticos anunciados, como a posibilidade de que os cubanos poidan ter acceso a computadores e teléfonos móbiles ou aloxarse nos hoteis do seu país “son pasos cara a adiante desde o punto de vista social, pero tamén económico”.