Nas súas intervencións acusaron o PSdeG de non preocuparse polos galegos que residen no exterior. Nese sentido, Santalices recordou que o PP defendeu unha proposta no Parlamento de Galicia que consiste en actualizar as pensións dos emigrantes galegos «perante a rebaixa do 35 por cento no que viñan percibindo», e que a paga de 200 euros extras que recibirán os galegos que viven en Galicia tamén se fixese extensiva aos que residen no exterior. «En ambos os dous casos os 38 deputados que representan ao bipartito votaron en contra». Nese sentido, Baltar criticou o vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela. «Varela é un dos responsables da fraude electoral que realizou o PSOE neste país ao enviar a axentes electorais contratados polo Goberno galego para buscaren o voto de xeito absolutamente fraudulento e utilizando os recursos da Administración con fins totalmente partidistas», dixo.