Así o anunciou en rolda de prensa o secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, quen informou de que o rexedor foi citado a declarar o vindeiro 6 de agosto con apercebimento de que se non comparecese, o auto transformaríase en orde de detención. O dirixente popular sinalou que esta actuación xudicial é “a punta do iceberg”, xa que pretenden que tamén acudan a declarar ante o xulgado o secretario de organización do PSdeG e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, así como a responsable socialista de Emigración, Marisol Soneira, e o da Xunta, Manuel Luís Rodríguez.