O vicesecretario xeral do PSOE asegura que a Delegación da Xunta na capital uruguaia estará operativa nun mes

“Señores do PP, acabouse a intermediación entre o Goberno e os cidadáns”, dixo, engadindo que deste xeito se pon fin a “rede clientelar de caciques”. Blanco considerou importante que dentro duns días se vaia crear a Consellería de Traballo e Asuntos Sociais, para “que non teñan que depender da de Bos Aires”. Rematado o acto, o vicesecretario xeral do PSOE saudou varios emigrantes que se lle achegaron.