A moción do grupo mixto pedía que se dotase os consulados do Estado dos recursos humanos e técnicos necesarios para poderen levar a cabo durante o mes de xaneiro un proceso «de depuración» exhaustiva do CERA antes das eleccións autonómicas galegas. Solicitaba asemade que este proceso de depuración tivese continuidade no tempo para o que o Ministerio de Exteriores debería emitir un informe estatístico público cada tres meses sobre as altas e baixas que se produzan no citado censo. A enmenda do PSOE, aceptada polo grupo propoñente, cambia o termo depuración por revisión e establece que o informe sobre as altas e baixas teña carácter anual.