O secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta coida que “Galicia é un punto clave para profundarmos nas relacións entre Europa e América Latina polo capital humano asentado alá”

Nunha entrevista a ‘España Exterior’, Fernández Mato destacou que as relación con Iberoamérica incrementáronse de xeito notábel grazas ás delegacións que a Xunta creou en Bos Aires e Montevideo. Nos catro anos de estadía profesional en Brasil como conselleiro de Traballo e Asuntos Sociais do Goberno español, o actual secretario xeral da Xunta recolleu moitas demandas da emigración e recoñece que aínda fican asuntos por resolver.