O secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta anima os centros galegos en Arxentina a difundiren as actuacións da UE

Nunha reunión na sede da Delegación da Xunta en Bos Aires celebrada o 15 de abril, Fernández Mato animou os directivos das entidades da colectividade a “sumárense á tarefa de unir Europa e América Latina a través de Galicia”. O secretario de Relacións Exteriores da Xunta adiantou que este proxecto de difusión e información sobre a UE realizarase de xeito piloto na Arxentina nunha primeira instancia, a través da colaboración do Goberno galego, a Fundación Galicia Europa e a propia Delegación da Xunta en Bos Aires, para logo ser ampliado a outros países de América Latina. Durante a súa estancia na Arxentina, Fernández Mato reuníuse con integrantes do Consello de Residentes Españois (CRE) e cun reducido grupo de mozos das institucións da colectividade, entre outros encontros.