O secretario xeral de Relacións Exteriores afirma en Bos Aires que as sedes da Xunta no exterior “son un logro de toda Galicia” e cualifica de “electoralistas” as críticas de Feijóo

Así o asegurou en Bos Aires nunha xuntanza cos medios especializados de emigración no que realizou un balance do primeiro ano de actuación da Delegación da Xunta na capital arxentina. “Coido que esas declaracións son efectistas e están feitas nun contexto de vale todo electoral, porque Núñez Feijóo nin sequera analizou as funcións que cumpren as delegacións nin expresou as alternativas que expón o PP, e polo tanto resístome a tomalas en serio”, sinalou. O secretario xeral de Relacións Exteriores revelou que un dos obxectivos a cumprir a curto prazo é o achegamento da Delegación ás novas xeracións de galegos.