O secretario xeral de Emigración prepara en Montevideo e Bos Aires a visita de Touriño

Rodrígue inaugurou o primeiro encontro de mozos galegos, ademais de visitar o Fogar Español de Anciáns e o hospital de Casa de Galicia. O secretario xeral mantivo tamén durante dúas xornadas diferentes encontros cos directivos de todas as institucións galegas para coordinaren a devandita visita e para remataren de concretar a inauguración da futura sede da Delegación da Xunta de Galicia nesta capital, que será a segunda en todo o mundo. Por outra banda, Rodríguez aconsellou aos netos que queiran obter a nacionalidade “que vaian solicitando xa os seus documentos para evitaren colas innecesarias”.