Rodríguez anunciou tamén que antes do verán se organizará nalgunha cidade francesa un encontro de mozos galegos residentes en Europa para debateren sobre os xeitos de integración da mocidade en todo o que se refire a Galicia. O presidente da entidade, Luis Rosón, agradeceu á Secretaría Xeral a súa axuda de 25.000 euros para reformar o centro.