Durante a súa intervención Manuel Luís Rodríguez salientou que “o actual Goberno da Xunta de Galicia mantivo o seu compromiso cun posicionamento firme para que a extensión da nacionalidade española aos netos fose o máis ampla e xenerosa posíbel e lembrou que “estamos diante da modificación de maior alcance e trascendencia no eido da nacionalidade, e ninguén pode negar que supón unha ampliación de dereitos importantísima”.