O secretario xeral de Emigración da Xunta reúnese coa colectividade galega nunha xira por cinco cidades de Brasil

Nesta última localidade, tivo oportunidade de participar na celebración do 48 aniversario da Asociación Cultural Cabaleiros de Santiago, xunto a duascentas persoas. Rodríguez leu unha mensaxe en nome do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na que indicou que se abren grandes perspectivas de colaboración económica e cultural con Bahía e que, neste contexto, a entidade pode actuar de plataforma para o mellor entendemento e aproximación con Galicia. O secretario xeral engadiu que “esta peza, convertida en selo de garantía” deberá ampliar a acción a outros lugares de Brasil, “segundo a estratexia adecuada que a propia institución deseñe”.