O secretario de Emigración reunirase cos grupos políticos para consensuaren a nova Lei da Galeguidade

Rodríguez fixo este ofrecemento na súa comparecencia perante a Comisión Institucional do Parlamento de Galicia que tivo lugar o 26 de outubro. Ao ofrecemento responderon afirmativamente tanto o PP como o BNG. O deputado popular José Manuel Castelao Bragaña engadiu que “se nos van chamar para que opinemos e despois a lei vai saír como vostedes a presentaran, entón sería mellor que non nos chamasen”.
A deputada socialista Marison Soneira sinalou a España Exterior que “o consello da galeguidade non só ten que recoller a opinión dos centros, senón tamén a dos cidadáns galegos que viven fóra” porque “o número de galegos vencellados aos centros, sendo moi optimistas, non supera o 15% do total”.