397 persoas. En número de votos os socialistas incrementaron os seus apoios en 36.000 sufraxios, ao pasar de 30.243 en 2004 a 66.436 en 2008, mentres que o Partido Popular pasa de 52.888 en 2004 a 38.474, o que supón unha perda de 14.414 votos. O maior incremento do PSOE foi na provincia da Coruña, onde pasou de 12.129 votos a 25.012, nada menos que 12.883 sufraxios máis que hai catro anos. A maior baixada dos populares produciuse en Pontevedra, onde pasaron de 17.300 sufraxios a 11.235, o que supón 6.065 votos menos que hai catro anos. O retroceso do PP foi importante xa que volve a rexistros similares aos obtidos no ano 2000.