O presidente da Xunta e candidato socialista á reelección, Emilio Pérez Touriño, que dixera que esta decisión da Xunta Electoral debe ser «respectada» e «aplicada», precisou que este recurso «non o presenta nin o PSdeG nin a Xunta de Galicia» e entendeu que servirá para «defender a limpeza do voto da emigración e as súas garantías». Pola súa banda, o Partido Popular, impulsor dese requisito, cre que os socialistas non queren transparencia porque prefiren un voto emigrante «do que poidan sacar tallada política».