“Representades a mellor Galicia. Galicia sería irrecoñecíbel na súa modernidade sen vós”, manifestou. Así o destacou o máximo mandatario galego diante das máis de 600 persoas que se congregaron no Centro Social da Casa de España de Río de Janeiro, acto co que abriu a axenda institucional da súa segunda viaxe oficial a Brasil. Touriño salientou as liñas de colaboración entre Brasil e Galicia e fixo referencia ao encontro que manterá co prefecto de Río de Janeiro, que servirá para asinaren un convenio de colaboración entre ambas as dúas Administracións, ou o xantar de traballo con empresarios de orixe galega no que buscará novas vías para intensificar as relacións económicas, turísticas ou culturais entre ambos os lados do Atlántico.