“O mais urxente para a dignificación do voto exterior é o voto en urna, instalar urnas nas embaixadas, nos consulados, nos centros españois”, dixo. “Se no futuro se quere falar da circunscrición electoral [en referencia á proposta do PSOE], pódese falar, pero para o Senado, que é a cámara de representación territorial, e non para o Congreso, que é a cámara de representación dos españois no seu conxunto”, engadiu. Feijóo visitou tamén o Fogar Español de Anciáns e o Centro Alma Galega acompañado polo deputado autonómico José Manuel Castelao Bragaña. No Centro Alma Galega xantaron coa nova directiva, presidida por Arturo Torreiro.