Feijoo sinalou que, tendo en conta a autónomía universitaria existente en Galicia, o máis correcto para acadar a homologación de títulos son os acordos entre universidades, que permitirán ademais que profesores galegos impartan clases en México e viceversa. O presidente do PPdeG visitou o Hospital Español de México, que conta cun pavillón especial para os nenos, e o Centro Galego de México, onde puido participar nunha romería.