O presidente do Consello da Cultura Galega eloxia en Bos Aires o traballo dos centros galegos no exterior

Asociacionismo galego na emigración’, un compendio de documentación gráfica a través da cal faise un percorrido pola historia das entidades galegas asentadas fóra de Galicia. A exposición, que abrangue dende as primeiras asociacións constituídas en Cuba e Arxentina a principios do século XX ata o día de hoxe, é froito dun convenio de colaboración entre o Padroado da Cultura Galega e a Secretaría de Emigración da Xunta de Galicia, cuxo titular, Manuel Luís Rodríguez, non puido asistir ao acto de inauguración por mor de que as más condicións climáticas na zona do Río da Prata provocaron un atraso na saída do ferry que debía tomar en Montevideo con destino á capital arxentina.