O presidente da Federación de Asociacións Galegas en Arxentina chama “golpista e fascista” ao Rei nunha carta a Chávez e logo di que se refería a Aznar

A misiva está asinada polo seu presidente, Francisco Lores Mascato, que enviou logo unha nova carta a Chávez na que aclara que “un erro de transcrición” fixo que os calificativos de “golpista e fascista” atribuíranse ao Rei cando ían dirixidos ao expresidente do Goberno español José María Aznar.