Segundo explicou a 'España Exterior', a decisión da Xunta Electoral Central que obriga os electores galegos a anexar fotocópiaa do pasaporte para poderen emitir o seu voto “foi unha manobra do PP para xerar algún tipo de confusión entre a xente, que está afeita a votar doutro xeito. Esta esixencia forma parte dunha campaña que impulsaron co único fin de que vote a menor cantidade de emigrantes”.