O prazo para solicitar as axudas individuais da Xunta remata o 15 de abril

O prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o 15 de abril. As axudas concederanse por atoparse a unidade familiar en situación de precariedade; por situación de dependencia ou enfermidade grave do solicitante; por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; por invalidez ou enfermidade permanente; para a cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cando teñan un custo elevado; para as mulleres que sufran violencia de xénero; para paliar unha situación de paro; ou por feitos extraordinarios de carácter puntual. A contía da axuda poderá variar entre 430 e 900 euros.